Sunday 28 de April de 2024

Un grupo de voluntarios participa na limpeza de pellets da praia de Traba


• Durante varias horas traballaron no areal para retirar estas pequenas bólas de plástico

• Operarios de Medio Ambiente limparon a praia de Soesto

Un grupo de voluntarios acudiu este sábado á praia de Traba para participar na limpeza de pellets de plástico organizada polo Concello de Laxe e Protección Civil. Poor outra banda, na praia de Soesto procederona limpeza os operarios de Medio Ambiente.

Equipados con luvas, cubos e coadores, estiveron traballando durante horas de maneira colaborativa e completamente coordinada para eliminar do areal estas pequenas bólas de plástico contaminantes. O seu pequeno tamaño e a gran extensión da praia, atopándose os gránulos moi dispersos, fan que sexa un labor difícil de afrontar.

Desde o Concello de Laxe quixeron agradecer a participación cidadá, que mostrou, unha vez máis, o seu compromiso co medioambiente. O alcalde en funcións, Francisco Charlín, aproveitou para dar as grazas “a todas as persoas que, de maneira completamente desinteresada, estades aquí hoxe, axudándonos e protexendo o noso medio coas vosas propias mans”. O alcalde en funcións agradeceu tamén o traballo dos operarios na praia de Soesto.